Nacionalismo estadounidense

Bandeira dos Estados Unidos.

O nacionalismo estadounidense é unha forma de nacionalismo cívico, cultural, económico ou étnico[1] presente nos Estados Unidos de América.[2] En esencia, o nacionalismo estadounidense sinala os aspectos que caracterizan e distinguen aos Estados Unidos como unha comunidade política autónoma. O termo a miúdo serve para explicar os esforzos por asentar a súa identidade nacional e a súa autodeterminación dentro dos seus asuntos nacionais e internacionais.[3]

As catro formas de nacionalismo atoparon expresión ao longo da historia dos Estados Unidos, dependendo do período histórico. Estudosos estadounidenses como Hans Kohn afirman que o goberno dos Estados Unidos institucionalizou un nacionalismo cívico fundado en conceptos legais e racionais da cidadanía, baseándose nunha lingua común e tradicións culturais.[2] Os Pais fundadores dos Estados Unidos estabeleceron o país sobre os principios liberais e individualistas clásicos.

  1. 2,0 2,1 Motyl 2001, p. 16.
  2. Miscevic, Nenad (31 de marzo de 2018). Zalta, Edward N., ed. The Stanford Encyclopedia of Philosophy. Metaphysics Research Lab, Stanford University. Consultado o 31 de marzo de 2018 – vía Stanford Encyclopedia of Philosophy. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search